ESCUDO-1300x400-02

O RC Celta comeza a Liga con empate en Abanca Balaídos

RC Celta

Vitoria truncada do RC Celta ante un Espanyol (2-2) que espertou nos últimos minutos de partido.

Os de Eduardo Coudet inauguraron o curso 22/23 #ante un Abanca Balaídos entregado que non tardou en ser recompensado. Ao fío do descanso, Iago Aspas, o de sempre, puxo por diante ao RC Celta ante unha defensa do Espanyol durmida.

Co inicio da segunda metade, o xogo continuou tinguido de celeste e parecía imposible que se escapase a vitoria. Gonçalo Paciência aumentaba a distancia cos pericos cun golazo no 62′ de partido. E, se hai algo mellor que marcar, iso é facelo debutando e en casa.

Un 2-0 que os de Diego Martínez empataron pouco despois grazas a Edu Expósito (no 69′) e Joselu (no 97′ desde os 11 metos).

Non houbo tempo para a remontada, pero si para coñecer a moitas das novas caras da tempada. Agustín Marchesín, Unai Núnez, Carles Pérez e o dobrete de *Óscars, Rodríguez e Mingueza, presentáronse oficialmente na liga Santander, e fronte á afección, como novos xogadores do club vigués.

 

FICHA TÉCNICA

2- RC Celta: Agustín Marchesín; Hugo Mallo, Joseph Aidoo, Unai Núñez; Beltrán Solari (Renato Tapia, min. 46), Franco Cervi (Óscar Mingueza, min. 91), Óscar Rodríguez (Gabri Veiga, min, 84); Paciência (Carles Pérez, min. 69), Iago Aspas.

2 – RCD Espanyol: Benjamin Lecomte; Óscar Gil, Sergi Gómez, Leandro Cabrera, Brian Oliván; Fernando Calero (Edu Expósito, min. 56), Vini Souza (Nabil Touaizi, min. 88), Sergi Darder; Nico Melamed (Adrián Embarba, min. 56), Rubén Sánchez (Luca Koleosho, min. 80), Joselu.

Goles: 1-0 Iago Aspas (min. 45+2); 2-0 Paciencia (min. 62); 2-1 Edu Expóstio (min. 71); 2-2 Joselu, de penalti (min. 97)

Árbitro: Ortiz Arias (colexio madrileño). Amoestou a Hugo Mallo (min. 15), Aidoo (min. 36), Aspas (min. 80), Javi Galán (min. 91) e Marchesín (min. 97) por parte do Celta; a Vini Souza (min. 60) e Óscar Gil (min. 90) por parte do Espanyol.

Incidencias: Encontro correspondente á primeira xornada de LaLiga Santander disputado no estadio Abanca Balaídos #ante 13.859 espectadores.

Campo: Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Noticias recomendadas