20230601_ElcheCFVsRCCelta_3
Primeiro Equipo

O RC Celta colleita a súa primeira vitoria do 2023 cun importante triunfo en Elxe (0-1)

RC Celta

O RC Celta regresou á senda da vitoria tras derrotar por 0-1 ao Elche CF no Martínez Valero no partido correspondente á décimo sexta xornada de LaLiga. Un partido no que os celestes se adiantaron no marcador nos primeiros lances de xogo, un resultado que se mantería inamovible ata o final.

O Rei das Bateas non podía faltar á súa cita co gol no Día de Reis e, aos seis minutos, poñía por diante ao RC Celta no marcador. Unha primeira metade na que o Elche buscou o empate pero tamén estivo preto de encaixar o segundo en varias ocasións coa ameaza constante de Aspas e Gabri Veiga.

A segunda metade comezou con dúas paradas de moitísimo mérito de Marchesín, que sostiveron aos de Carvalhal no tramo de partido no que o Elxe buscou con maior perigo a portería visitante. Unha segunda metade na que, co paso dos minutos, o cadro céltico conseguiu manter a súa vantaxe para lograr un importante triunfo para estrear a marcadora en 2023.

Tras esta vitoria, o RC Celta dorme en décimo sexta posición con dezaseis puntos. Os celestes recibirán o vindeiro venres 13 de xaneiro (21:00) ao Vilarreal CF no primeiro partido en Abanca Balaídos do 2023.

FICHA TÉCNICA

0 – ELCHE CF: Edgar Badía; Palacios, Diego González, Bigas; Tete Morente (Fidel, min. 68), Mascarell, Gumbau (Raúl Guti, min. 74), Clerc (Lautaro Blanco, min. 83); Roger Martí (Ponce, min. 83), Lucas Boyé, Pere Milla.

1 – RC CELTA: Marchesín; Hugo Mallo, Mingueza, Aidoo, Unai Núñez, Javi Galán; Gabri Veiga (Óscar Rodríguez, min. 71), Fran Beltrán (Renato Tapia, min. 87), Cervi (Luca de la Torre, min. 90+4′); Iago Aspas, Paciência (Strand Larsen, min. 46).

Gol: Iago Aspas (0-1, min. 6).

Árbitro: Ortiz Arias, del colexio madrileño. Amonestou a Diego González, Lucas Boyé e Pere Milla, do Elche CF, e a Paciência, do RC Celta. Bigas foi expulsado por vermella directa.

Campo: Martínez Valero.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas