Co gol anotado ante o RCD Mallorca, Fer López convértese no xogador número 300º do RC Celta en marcar en Laliga EA Sport. Un tanto co que o mozo canteirán non só sumaba a súa primeira diana na máxima categoría co conxunto celeste, senón que conseguía darlle a volta ao marcador e lograr a vitoria ante os bermellones.
Un soño cumprido para Fer López que, a pesar da súa curta traxectoria en Primeira División, demostra a súa calidade e o seu talento cada vez que salta ao terreo de xogo.