Un novo xogador internacional súmase ao plantel celeste. O dianteiro portugués Gonçalo Paciencia reforza a liña de ataque do cadro vigués, co que asina ata xuño de 2025 tras o acordo alcanzado co Enitracht de Frankfurt sobre os seus dereitos federativos.
Paciencia, de 28 anos de idade, acreditou as súas calidades como ‘nove’ nas ligas grega, portuguesa e alemá, ademais de en todas as categorías da Selección de Portugal, na que xogou, e marcou, desde a Sub-16 ata a absoluta. Suma tres títulos na súa carreira, xa que se proclamou gañador da liga grega con Olympiakos, da de Portugal co FC Porto e da Europa League co Eintracht
O ariete celeste formouse na canteira do FC Porto, desde onde ascendeu ao primeiro equipo. Xogou en diversos conxuntos da Primeira División lusa, en Olympiakos e en dous equipos alemáns, Schalke 04 e Eintracht, no que anotou vinte goles e deu 7 asistencias.
Gonçalo Paciencia é un dianteiro poderoso no xogo aéreo, con bo disparo e certeiro na área, onde ofrece unha gran intuición e capacidade de anticipación. O internacional portugués é a sétima incorporación do RC Celta no actual mercado de fichaxes.