ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

Fran Beltrán, baixa para Valencia por mor dun esguince no ligamento lateral interno

RC Celta

O RC Celta suma unha nova baixa para o último partido da tempada. As probas realizadas polos servizos médicos do club a Fran Beltrán desvelan que o centrocampista sofre un esguince no ligamento lateral interno do seu xeonllo dereito, que lle manterá inactivo entre tres e catro semanas.

Beltrán sufriu a lesión na segunda metade do partido do pasado domingo ante o Elche CF no Estadio de Abanca Balaídos.

Por outra banda, Nolito avanza na súa recuperación e esta mañá iniciou adestramento co grupo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas