ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

Fran Beltrán, celeste ata 2026: “Séntome orgulloso e feliz, esta é a miña segunda familia”

RC Celta

Fai só dous días, o RC Celta pechaba a renovación do canteirán Carlos Domínguez tras un ilusionante acordo para avanzar na consolidación do futuro do club. Nesa mesma liña encádrase a protagonizada por un centrocampista que aporta presente e futuro. Fran Beltrán, de 22 anos de idade, e o presidente Carlos Mouriño estamparon as súas firmas nun contrato que vincula ao medio centro co club ata xuño de 2026.

Beltrán chegou ao conxunto celeste en 2018 e desde entón disputou 118 encontros oficiais, 22 deles esta tempada. É internacional en todas as categorías da Selección Española desde a sub-17 ata a absoluta, na que debutou en xuño do pasado ano. “É unha gran ilusión e estou feliz de poder seguir aquí”, comentou o centrocampista celeste, quen destacou que o RC Celta “é como a miña segunda familia. Teño xa moitos amigos no equipo”.

“Quero tamén expresarlle o meu agradecemento á afección, que me acolleu moi ben desde o primeiro momento”, engadiu Beltrán, quen sinalou que “é un orgullo seguir representando ao celtismo por España e oxalá pronto por máis sitios e estou moi contento”.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas