Primeiro Equipo

Fran Escribá: “A nosa única idea é a de ir a puntuar ao Metropolitano”

RC Celta

Ánimos do equipo: traballaron ben, moito máis contentos despois dunha boa semana, pero conscientes de que queda moitísimo por facer porque non hai nada feito. Mañá temos unha boa oportunidade para referendar as boas sensacións.

Ausencia de Iago Apas: os posibles recambios son xogadores que son máis enganches que dianteiros. Él arrastra unha sanción e penso que é unha oportunidade moi boa para que outros dean un paso adiante. A súa baixa é importante, iso é evidente.

Baixas Atlético de Madrid: teñen substitutos de garantías ante calquera baixa. É certo que na posición de central quedan máis tocados.

Rival: valoramos distintas opcións (Kalinic, Morata ou Correa) e traballámolas todas. A única idea é ir puntuar ao Metropolitano”

Arranque do partido: se algo falamos cos xogadores é que unha das virtudes do Atlético de Madrid é a intensidade que pon a cada xogada. Se non entramos desde o minuto 1 totalmente concentrados temos máis posibilidades de perder.

Minutos do persoal: todos poden ver que teñen o seu momento e eu creo que o conseguimos. Todos son futbolistas dispoñibles e amólame ter que deixar a compañeiros fose porque outros o están facendo moi ben. Comigo teñen que ver que cada semana é unha nova oportunidade.

Centrais: busco o nivel por arriba. Que encaixásemos máis goles dos esperados non hai que focalizarlo nos centrais.

Presión: todos sentimos mellor cando estamos nunha situación algo máis cómoda, pero non debemos pensar que fixemos algo.

Sensacións: a nivel de metros de alta intensidade melloramos e se cadra o equipo parece máis intenso. Córrese moito e nese aspecto melloraron porque partido tras partido están a mellorar a media que tiñamos até agora.

Atlético de Madrid: Téñolles agarimo, gardo bos recordos e bos amigos. Aínda hai seis ou sete futbolistas que tiven e cos que teño boa relación. É un club especial, todo o que pasa por alí dáse conta

Emre Mor: é unha das opcións, sen ningunha dúbida. A pelota está no seu tellado. Quedan partidos importantes e ten que dar un paso cara adiante e espero que o faga

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas