Primeiro Equipo

Fran Escribá, novo adestrador do RC Celta

RC Celta

O técnico Fran Escribá é o novo adestrador do RC Celta unha vez pechado o acordo entre o club e o preparador valenciano. Escriba, que chega a Vigo acompañado polo seu corpo técnico, comezou a súa carreira nos banquillos como segundo adestrador en equipos de renome como Getafe CF, Valencia CF, SL Benfica e Atlético de Madrid, onde conquistou a UEFA Europa League e a Supercopa de Europa.

En 2012 asumiu o posto de primeiro adestrador do Elche CF, club co que conseguiu o ascenso a Primeira División tras ser líder da categoría desde a primeira ata a última xornada. Nas dúas campañas seguintes o conxunto ilicitano cumpriu o obxectivo da permanencia deportiva. Posteriormente dirixiu ao Getafe CF e ao Villarreal CF, conxunto co que finalizou quinto LaLiga 2016/2017.

O novo adestrador celeste será presentado nas próximas horas.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas