ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

Franco Cervi convértese na primeira incorporación do RC Celta 2021/22

RC Celta

O RC Celta pechou a contratación de Franco Cervi despois de chegar a un acordo co seu club de orixe, o S. L. Benfica. O interior arxentino firma até o ano 2026. O conxunto celeste incorpora así a un xogador que destaca pola súa velocidade, técnica e facilidade para crear ocasións de gol.

Franco Cervi (San Lorenzo, 1994) formouse nas categorías inferiores de Rosario Central, onde chegou aos 6 anos e creceu até formar parte do primeiro equipo, debutando da man do noso adestrador, Eduardo Coudet. Ademais, é internacional absoluto coa selección arxentina.

Cervi disputou 224 encontros ao longo da súa carreira profesional, anotando 28 goles e repartindo 37 asistencias. No seu palmarés destacan 2 Ligas portuguesas, 2 Supercopas e 1 Copa lusa.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas