O RC Celta despídese da xornada 11 sen sumar tras un accidentado e polémico partido en Montilivi (Girona FC 1-0 RC Celta).
A primeira parte estivo marcada polos contratempos. O mareo dun afeccionado celeste, a caída de Renato Tapia tras un choque con Yangel Herrera e a durísima entrada de Yan Couto a Jonathan Bamba protagonizaron os 45 minutos iniciais. Fóra de dúas carreiras perigosas do 17 visitante que chegaron á área rival, o Girona sostiña a batuta;
Na segunda metade, o partido logrou alzar o voo. O cadro celeste mantivo unha boa defensa ante os asaltos do conxunto albirrojillo, ademais de buscar balóns en longo para materializar o gol. E chegou. No 83′ de xogo Lucas da Torre, en conexión con Carlos Dotor, afundiu o esférico no fondo da rede. Unha acción que terminou sendo anulada tras unha suposta falta de Dotor sobre Gazzaniga. Xa no desconto, Yangel Herrera aproveitou o deazón dos galegos para resolver cun disparo desde a frontal que levaría ao Girona FC a gañar pola mínima.
A próxima oportunidade dos celestes para sumar en LaLiga EA Sports será, arroupados pola afección, o 4 de novembro en Abanca Balaídos fronte ao Sevilla FC.
FICHA TÉCNICA:
1 – Girona FC: Gazzaniga; Arnau (Tsygankov, min. 79), David López (Juanpe, min. 47+), Blind, Miguel; Aleix García; Yan Couto, Herrera, Iván Martín (Portu, min. 67), Sávio; e Dovbyk (Stuani, min. 67).
0 – RC Celta: Guaita; Kevin Vázquez, Starfelt, Unai Núñez, Manu Sánchez; Luca da Torre, Renato Tapia, Carlos Dotor (Fran Beltrán, min. 85), Bamba (Óscar Mingueza, min. 75); Iago Aspas e Larsen.
Goles: 1-0 Herrera (min. 91).
Árbitro: Díaz de Mera. O colexiado amoestou aos locais Yan Couto (min. 45+7), Stuani (min. 77) e Juanpe (min. 82), e aos visitantes Kevin Vázquez (min. 55) e Unai Núñez (min. 77).
Incidencias: Encontro correspondente á undécima xornada de LaLiga EA Sports disputado no Estadi Municipal de Montilivi. Espectadores: 12.671.