Primeiro Equipo

Goleada en Almería dun Celta formidable

RC Celta

nolito - alm-cel 2-4 1314

Os vigueses, cun gran fútbol, dan un paso de xigante cara o seu obxectivo (2-4)

 

O Celta luciu un fútbol espectacular en Almería, onde logrou unha contundente vitoria que achega aos vigueses ao seu obxectivo. Partido para enmarcar dos célticos, con goles de Nolito, dous, Charles e Orellana, para selar unha gran goleada con sabor a permanencia.

 

Inicio frenético, con chegadas en ambas as áreas nos primeiros instantes e un Celta que tocaba ben e asustaba cando pisaba a área. O Almería e topou co pau aos 9 minutos, Rodri rematou desde o pico da área á madeira tras unha mala saída de balón.

 

Aos 17 minutos, gran pase de Krohn-Dehli cara a Nolito, algo escorado, rematou ante un Esteban que acertou ao adiviñar a intención do celeste. Á seguinte, acertou. Rafinha desbordou na área cun caño espectacular, o seu remate acabou rexeitado nas botas de Nolito, que esta vez non perdoou.

 

Esteban salvou despois un remate franco de Álex López tras outra gran xogada en ataque dun Celta espléndido. Aos 35 minutos, mesmos protagonistas, pero esta vez cun potente disparo máis afastado. O segundo puido chegar de novo tras outra boa xogada e remate final de Álex López lixeiramente desviado.

 

O Celta durmiuse nunha xogada de estratexia aos 39 minutos que Rodri, desde o chan e tras un posible fóra de xogo empatou con inxustiza. Pau para un conxunto vigués moi superior que gozara de varias ocasións claras. Non houbo novidade até o descanso.

 

Tras a continuación, gran xogada desde a dereita, e remate de Nolito no primeiro pau que desvía Esteban, o mellor xogador do Almería. Aos 6 minutos, Orellana rompeu desde a banda cunha gran xogada, cedeu a Nolito e o andaluz púxoa no segundo pau para que Charles leva o coiro á rede.

 

Tras o tanto, o Celta seguiu fabricando ocasións cun xogo espectacular, pero sen acabar as xogadas de maneira adecuada. Fíxoo aos 25 minutos con outra exhibición ofensiva. Arrincou Hugo Mallo, meteu en profundidade cara a Orellana e o chileno enviou cara á chegada de Nolito para que o andaluz rematase á rede.

 

E aos 30 minutos, caeu o cuarto. Outra gran xogada, con pase xenial de Rafinha cara a Orellana, quen controlou ante Esteban e marcoulle con facilidade. Óscar Díaz anoyó no 43 cun gran disparo. O fútbol espectacular do Celta tivo premio en Almería, cunha goleada que deixa a permanencia moi preto.

 

FICHA TÉCNICA

 

2-U.D. Almería: Esteban, Nelson, Tebar, Trujillo, Mané, Verza (Corona, min.57), Azeez, Suso  (Óscar Díaz, min.65), Aleix Vidal, Soriano (Zongo, min.29) e Rodri

 

4-R.C.Celta: Yoel, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Krohn-Dehli, Álex López (Madinda, min, 46), Rafinha (Íñigo López, min.77), Orellna, Nolito e Charles (Mario Bermejo, min. 66).

 

Goles: 0-1, min.17: Nolito; 1-1, min.39: Rodri; 1-2, min.51: Charles; 1-3, min.70: Nolito; 1-4, min.75: Orellana; 2-4, mibn.87: Óscar Díaz

 

Árbitro: Muñiz Fernández, do comité asturiano. Amonestou a Verza, Mané, Rodri, Tébar, Óscar Díaz

 

Campo: Juegos del Mediterráneo

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas