Hugo Álvarez continúa crecendo no RC Celta e alcanza un novo fito: o salto definitivo ao primeiro equipo co dorsal 23. Desde que ingresou na canteira do club sendo tan só un neno, o extremo da excepcional xeración do 2003 experimentou unha progresión constante que hoxe lle permite vestir este dorsal para o que resta de tempada.
O canteirán, que debutou co primeiro equipo nun enfrontamento ante o Getafe baixo a dirección do Chacho Coudet durante a tempada 21/22, acumula polo momento, na actual 24/25, 1.407 minutos en 23 partidos, nos que marcou 4 goles e deu 1 asistencia. Estes números non pasaron desapercibidos e leváronlle a lograr a súa primeira convocatoria coa Selección Española sub-21 o pasado outubro.
O crecemento de Hugo Álvarez, quen renovou o seu contrato ata 2028 hai apenas uns meses, subliña o compromiso do RC Celta coa súa canteira e reafirma o esforzo do club por fomentar e potenciar o talento novo.
Parabéns, Hugo!