O RC Celta pecha a renovación do canteirán Hugo Sotelo tras un ilusionante acordo para avanzar na consolidación da canteira. O mediocentro, de 20 anos de idade, e o director de Fútbol do RC Celta, Marco Garcés, estamparon as súas firmas nun contrato que o vincula co club ata xuño de 2028.
Formado en categorías inferiores, Sotelo leva case cinco tempadas achegando calidade e velocidade nos máis de 3.140 minutos nos que defendeu a camiseta celeste. Entre o Celta Fortuna e o primeiro equipo, o vigués acumula, polo momento, un total de 58 partidos, 1 gol e 4 asistencias.
Un paso máis que reafirma o compromiso do RC Celta cun dos seus piares fundamentais, a canteira. O club quere desexarlle a Hugo Sotelo moitos éxitos nesta nova etapa como celeste e destacar a importancia do traballo, o esforzo e o sacrificio como culmen para alcanzar os soños.
Grazas, Fátima!