O capitán do RC Celta Hugo Mallo presenta unha rotura de fibras de grao I no bíceps femoral dereito, segundo revela a ecografía realizada nas últimas horas polos servizos médicos do club. O canteirán sufriu a lesión durante a primeira metade do partido do pasado luns ante o Xetafe, no que foi substituído ao bordo da media hora de xogo.
Hugo Mallo permanecerá de baixa ao redor das 3 semanas.
Por outra banda, o centrocampista Luca de la Torre sufriu no adestramento unha distensión muscular nos isquiotibiais da coxa esquerda e realizaranse probas médicas nas próximas horas para determinar o alcance da doenza