iago-aspas-celebracion-brais-mendez-celta-villarreal-abanca-balaidos-liga-300319.jpg
Primeiro Equipo

Iago Aspas celebrou 300 partidos co RC Celta

RC Celta

Iago Aspas celebrou ao grande, cunha actuación lendaria, o seu partido oficial número 300 co RC Celta. O de Moaña regresaba aos terreos de xogo despois de tres meses lesionado e a súa volta ao verde non podía ser máis espectacular.

Cun 0-2 ao descanso, o dianteiro galego botouse ao equipo ás costas e, coa forza dos seus compañeiros e dunha afección incrible, marcou o camiño cara á remontada. Un gol de falta directa, outro desde o punto de penalti e un partido inesquecible, cheo de tensión e emoción, que terminou con bágoas nos ollos de todos os celtistas, tamén nos do xenio: “Sufrín moito nos últimos meses sen poder axudar ao equipo. Non nos merecemos esta afección. A catro puntos da permanencia, chegamos 0-2 ao descanso xogándonos a vida e grazas a eles remontamos”, declarou Aspas tras o choque.

Iago Aspas, que xa suma 130 goles como celeste, engrandeceu a súa lenda cunha nova exhibición no seu partido 300.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas