Iago Aspas, capitán do RC Celta, sofre unha rotura de fibras no sóleo da súa perna esquerda tras as molestias sufridas no partido disputado ante o Racing de Santander en El Sardinero. Na ecografía realizada este martes, non se revelan lesións maiores polo que o tempo estimado de baixa será ao redor de tres – catro semanas, en función da súa evolución.
Ánimo, Iago!