aspas-1
Primeiro Equipo

Iago Aspas recolle o premio Xogador Estrella Galicia do mes de novembro

RC Celta

Iago Aspas recolleu na Cidade Deportiva Afouteza o premio Xogador Estrella Galicia que o acredita como o mellor futbolista celeste do mes de novembro. O canteirán de Moaña obtivo o 50% dos votos por diante de Nolito e Santi Mina, cun 25% cada un. O ’10’ do RC Celta quixo agradecer os votos recibidos por parte dos afeccionados.

Iago Aspas respondeu as preguntas dos hinchas, onde lembrou o aprendido durante a súa etapa fore do RC Celta e repasou como se prepara para o distintos partido que debe afrontar na actualidade. “Podo ver tres ou catro encontros a fin de semana e outros dous a maiores durante a semana”.

Sobre o seu futuro unha vez colgue as botas, o dianteiro celeste avanzou que se ve antes como director deportivo que como adestrador.

Por último, Aspas sinalou que o seu principal desexo como xogador do RC Celta é “conseguir ese ansiado título”.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas