ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

Iago Aspas amplía a súa lenda: 400 partidos oficiais co RC Celta!

RC Celta

 

É un exemplo para o RC Celta e a súa canteira, motivo de orgullo e emblema do club celeste. Iago Aspas, que no duelo ante a Real Sociedad do pasado 8 de xaneiro cumpriu 400 partidos coa camiseta celeste, foi homenaxeado polo público de Abanca Balaídos nos prolegómenos do encontro ante o Osasuna.

O canteirán celeste recibiu, en mans do presidente Carlos Mouriño, unha camiseta conmemorativa deste fito que o coloca como o terceiro xogador da historia do RC Celta con máis partidos oficiais disputados.

O de Moaña leva toda unha vida de paixón e entrega pola camiseta celeste, un exemplo e orgullo para a canteira que prosegue agrandando a súa lenda. Príncipe, rei, xenio, lenda… xa 401 partidos de afouteza e corazón!

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas