ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

O RC Celta consegue ante o CA Osasuna o seu primeiro triunfo do 2022 (2-0)

RC Celta

O RC Celta derrotou ao CA Osasuna por 2-0 en Abanca Balaídos no partido correspondente á vixésimo primera xornada de LaLiga. Os de Eduardo Coudet adiantáronse no marcador na primeira metade e conseguiron defender a súa vantaxe no segundo tempo para conseguir o seu segundo triunfo consecutivo como locais.
O partido comezaba con ritmo e intercambio de oportunidades entre ambos os conxuntos, cun Osasuna que tiña a primeira ocasión clara do encontro cun remate de Budimir que se ía ao pau. O Celta comezou a estirarse aos poucos e, nun escintileo de calidade entre Brais e Cervi, este deixaba o balón de fronte cara a Hugo Mallo que, con perna esquerda, abría o marcador. Menos de dez minutos tardou en chegar o segundo, tras un gran detalle técnico de Denis, que habilitou a Aspas para que, á súa vez, asistise a Mina no 2-0. O vigués celebraba así o seu partido número 150 co sétimo gol na súa conta particular.
Tras o descanso, o Celta soubo xestionar a súa vantaxe para levar unha vitoria moi importante que supón o primeiro triunfo do ano para alcanzar os 26 puntos. Os celestes mediranse ao Sevilla FC o vindeiro sábado 22 de xaneiro no Ramón Sánchez-Pizjuán ás 18:30 na vixésimo segunda xornada de LaLiga.

FICHA TÉCNICA

2 – RC CELTA: Dituro; Hugo Mallo, Aidoo, Araújo, Javi Galán; Fran Beltrán (Okay, min. 78), Brais Méndez (Solari, min. 70), Denis Suárez (Renato Tapia,min. 59), Cervi (Nolito, min. 78); Iago Aspas, Santi Mina (Galhardo, min. 70).

0 – CA OSASUNA: Sergio Herrera; Nacho Vidal, Dufur, Juan Cruz, Cote (Manu Sánchez, min. 78); Moncayola, Torró (Chimy Ávila, min. 68), Darko; Kike Barja (Roberto Torres, min. 78), Budimir (Kike García, min. 68), Rubén García (Iker Benito, min. 78).

Goles: Hugo Mallo (1-0, min. 29); Hugo Mallo (2-0, min. 38).

Árbitro: Cordero Vega, do colexio cántabro. Amonestou a Javi Galán, do RC Celta, e a Iker Benito e a Nacho Vidal, do CA Osasuna.

Campo: Abanca Balaídos, 8.837 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas