Iago Aspas - Zarra afición (3)
Primeiro Equipo

Iago Aspas presenta o seu cuarto Zarra á afección

RC Celta

Antes do comezo do partido correspondente á sétima xornada de LaLiga Santander ante o Real Betis, o 10 ofreceu do seu cuarto Trofeo Zarra á afección celeste. Un premio
que outorga cada ano o diario Marca ao máximo goleador español do campionato e do que Iago é veterano.

O canteirán, a quen acompaño o presidente do club Carlos Mouriño, recibiu unha vez máis o agarimo e admiración do celtismo.

Tras proclamarse o máximo goleador español nas tempadas 16/17, 17/18 e 18/19, Iago Aspas repetiu este fito a pasada campaña tras marcar dezasete goles. Unha proeza que
lle permitiu igualar a marca de David Villa, tamén propietario de catro destes galardóns.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas