O RC Celta chegou a un acordo coa Sociedad Deportiva Huesca para o traspaso do lateral esquerdo extremeño Javi Galán, que asina como xogador celeste para as próximas cinco tempadas, ata xuño de 2026.
Javi Galán (Badajoz, 1994) formouse nas categorías interiores do Club Polideportivo Flecha Negra de Badajoz antes de dar o salto ao CD Badajoz, Córdoba CF e posteriormente á SD Huesca, onde destacou a pasada tempada sendo un dos xogadores revelación da competición.
Desta forma, Javi Galán convértese na terceira fichaxe celeste logo das incorporaciones de Franco Cervi e Matías Dituro. Un xogador de moito percorrido que destaca pola súa gran capacidade para superar aos seus adversarios no un contra un, con precisión nos centros e facilidade para explotar os espazos.