Abanca Balaídos acolleu este xoves a presentación oficial de Javi Galán como novo xogador do Celta. Na súa primeira comparecencia tras o seu regreso, o futbolista estivo acompañado por Sergio Álvarez e Marco Garcés.
O conselleiro quixo agradecer ao lateral a súa aposta polo Celta, subliñando que “estamos moi contentos de que volva e de que se una novamente a este proxecto”.
Pola súa banda, o director de fútbol destacou o perfil que incorpora Galán ao persoal. “Creo que nos dá moito. É un xogador con pouso, algo que viñamos necesitando, e que tamén pode conducir e arrastrar a pelota. Ademais, fixo un esforzo por estar aquí e iso fala do compromiso que sente por estas cores”, sinalou.
Javi mostrouse ilusionado por iniciar esta nova etapa en Vigo e explicou que considera este “proxecto moi ambicioso” e recoñeceu que non dubidou en volver porque considera isto “como a miña casa”.
Dálle ao play e descobre as primeiras palabras de Galán no seu regreso ao Celta.