Primeiro Equipo

Jeison Murillo: experiencia e solidez para a zaga do RC Celta

RC Celta



O RC Celta estrea o mercado invernal cun central de sobrada experiencia, xerarquía e solidez. Jeison Murillo (Cali, Colombia, 27 de maio de 1992) chega cedido pola Sampdoria, con opción de compra, para complementar a liña defensiva celeste e achegar intensidade, solvencia e experiencia.

O defensor internacional colombiano, de 27 anos de idade, que superou esta tarde o recoñecemento médico na Clínica RC Celta, atesoura unha ampla experiencia na liga española, xa que xogou en Primeira División no Granada, Valencia e Barcelona. Tivo ademais un importante peso no Inter de Milan, conxunto co que disputou 69 partidos, anotou tres goles e deu dúas asistencias.

Na Primeira División española acumula máis de setenta partidos, como na Serie A italiana, e participou tamén na Europa League e a liga de Campións.

Jeison Murillo é internacional absoluto con Colombia, selección coa que disputou máis de 30 encontros, entre eles da Copa América e de clasificación para a Copa do Mundo.

Esta tempada disputou doce partidos coa Sampdoria, dez de Liga e dous da Copa de Italia. A súa última participación foi o pasado fin de semana ante o Brescia.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas