Jeison Murillo, unha das fichaxes máis deseadas polo celtismo, selou este xoves en A Sede o seu regreso ao RC Celta, onde xogará cedido esta tempada. Tras superar o recoñecemento médico na Clínica RC Celta, o central colombiano asinou o seu novo contrato xunto ao presidente Carlos Mouriño.
O defensa celeste regresa ao club onde xogou desde o pasado inverno e onde se converteu nun dos baluartes defensivos do equipo grazas a súa dedicación, enerxía e liderato.
Murillo lucirá o dorsal 24 na súa camiseta.