O canteirán celeste Jose Fontán (Vilagarcia de Arousa, 2000) xogará durante unha tempada, a 2022/2023, cedido no Go Ahead Eagles da Eredivise holandesa.
Formado na Madroa desde 2011, a pasada campaña, xa como xogador do primeiro equipo do RC Celta, disputou un total doce partidos e anotou dous goles, ambos en Copa del Rey. Ademais, Fontán formou parte da selección sub-21 en tres encontros.
Desde o RC Celta desexámoslle o maior dos éxitos durante esta cesión.