Joseph Aidoo xa ten a alta médica. O defensa ganés, quen sufriu unha contusión na coxa dereita durante o partido da joranda 21 ante o Sevilla FC, completou este xoves con normalidade o adestramento co grupo.
O xogador pasa a estar a disposición de Eduardo Coudet de face ao partido de LaLiga ante o Rayo Vallecano en Abanca Balaídos (sábado 5 de febreiro, 18:30).