20230630_JulenLobete_3
Novas primeiro equipo

O dianteiro celeste Julen Lobete regresa a España para xogar cedido no FC Andorra de LaLiga Smartbankjulen-lobete-andorra

RC Celta

O dianteiro do RC Celta Julen Lobete xogará esta próxima tempada 2023/2024 cedido no FC Andorra, de LaLiga Smartbank. O novo futbolista donostiarra, de 22 anos de idade, destacou na pasada campaña no RKC Waalwijk, da Primeira División holandesa, conxunto no que anotou catro goles e deu tres asistencias en 1323 minutos de xogo repartidos en 29 partidos.

Lobete asinou o pasado 26 de xullo por catro tempadas co cadro celeste, aínda que nas dúas primeiras con ficha do filial. O dianteiro formado na Real Sociedad atesoura experiencia nas tres primeiras categorías do fútbol español, con máis de 40 partidos en Segunda B e 23 en Segunda División. Tivo ademais unha excelente aparición tamén co primeiro equipo donostiarra, co que disputou 13 partidos, dous deles como titular, e anotou dous goles.

Tras o seu paso pola Eredivisie, o xogador celeste continuará a súa formación no FC Andorra, sétimo clasificado en LaLiga Smartbank a pasada tempada.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo

Noticias recomendadas