O centrocampista céltico foi sometido esta tarde a unha ecografía
A ecografía realizada hoxe polos servizos médicos do Real Club Celta ao centrocampista Krohn-Dehli desvela que o celeste sofre unha elongación, cunha zona de edema, no adductor dereito. Esta lesión converte ao internacional danés en dúbida para o partido do próximo domingo ante o Villarreal.