O RC Celta e o futbolista Levy Madinda, cedido as dúas últimas campañas no Nástic, chegaron a un acordo para a rescisión do contrato do xogador. O gabonés xa se desvinculou da entidade céltica.
O club quere expresar o seu agradecemento ao canteirán pola súa profesionalidade e actitude ao longo dos anos nos que defendeu a camiseta celeste, así como desexarlle o maior dos éxitos na nova etapa que inicia. Moita sorte Levy!