Manuel Sánchez da Pena (Madrid, 24 de agosto 2000) é a primeira fichaxe do RC Celta nesta ilusionante tempada 23/24 de Centenario. O conxunto celeste pechou co Atlético de Madrid o traspaso do lateral esquerdo
ata o ano 2028. Internacional con España sub-21, coa que está actualmente disputando o Europeo sub-21, brillou as dúas últimas tempadas cedido en CA Osasuna cun grandísimo nivel.
Aos seus 22 anos xa acumula 86 partidos en Primeira división onde deu 11 asistencias e marcou un gol.
O RC Celta asegura presente e futuro para o seu lateral esquerdo. O conxunto celtista suma entrega, compromiso e traballo para o seu defensa coa chegada dun dos xogadores sub-21 máis relevantes da elite profesional.