O FC Utrecht comunicou ao RC Celta que exerce a opción de compra que tiña sobre o dianteiro, Miguel Rodríguez. Unha operación na que o club vigués mantén o 50% dos dereitos do xogador.
Con máis de 5.000 minutos defendendo o escudo celeste, tanto no primeiro equipo como nas diferentes categorías da canteira, Miguel sempre destacou pola súa potencia e a súa capacidade goleadora. Desde que cruzou por primeira vez as portas de A Madroa con tan só 10 anos, o mozo redondelano converteuse nun dos xogadores máis destacados no club, chegando a converterse en internacional coa selección española e debutando co primeiro equipo do RC Celta en outubro de 2020, cando apenas non xogara nin un minuto co filial celeste. Desde o pasado verán, Miguel Rodríguez xogaba como cedido no FC Utrecht da Eredivisie, conxunto co que agora inicia unha nova etapa en terras neerlandesas.
O RC Celta quere agradecerlle ao canteirán todo o seu esforzo, compromiso e comportamento exemplar ao longo de todos estes anos nos que crecemos xuntos e desexarlle moita sorte e éxitos no seu futuro deportivo.
Grazas, Miguel!