lauti
Primeiro Equipo

Momento inesquecible para Lautaro de León: debut en Primeira División e vitoria do RC Celta

RC Celta

O partido de onte ante o Cádiz tivo un momento inesquecible para a canteira do RC Celta. O dianteiro Lautaro de León debutou en Primeira División tras substituír a Nolito a falta dun cuarto de hora do final. O canteirán celeste deixou detalles da súa calidade e a súa entrega nos minutos que estivo sobre o terreo de xogo.

O extraordinario traballo do RC Celta na canteira vese recompensado con momentos como o vivido este luns en ABANCA Balaídos, con até doce xogadores formados na Madroa presentes na convocatoria.

Lautaro é o quinto xogador da canteira que debuta este ano en Primeira División tras Gabri Veiga, José Fontán, Miguel Rodríguez e Sergio Carreira.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas