ESCUDO-1300x400-02
Hemeroteca primer equipo gl

O canteirán Iván Villar amplía o seu contrato até 2024 e estará nos XXOO

RC Celta

 

O canteirán Iván Villar seguirá defendendo a portaría celeste até o ano 2024. O gardameta selou a súa renovación no Salón Regio de A Sede xunto ao presidente do RC Celta, Carlos Mouriño.

Iván Villar (Aldán, 1997), chegou ás categorías inferiores do club no ano 2008 e tempada tras tempada foi ofrecendo un gran nivel até chegar ao filial celeste con apenas 16 anos. Debutou co primeiro equipo en maio de 2017 ante o Deportivo Alavés.

O canteirán, internacional Sub-21 coa Selección Española, disputou 21 partidos de LaLiga nesta última tempada, deixando a portaría a cero en cinco deles.

Con esta renovación o RC Celta referenda unha vez máis a súa decidida aposta pola canteira e pola chegada de xogadores formados na Madroa ao primeiro equipo.

Convocatoria XXOO

Horas despois de anunciarse a súa renovación, a RFEF facía público que o porteiro celeste fora incluído na lista de 22 xogadores que participarán nos XXOO de Toquio coa Selección Española. Un merecido premio para Iván Villar despois dun gran final de tempada co RC Celta.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca primer equipo gl Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas