ESCUDO-1300x400-02
Hemeroteca primer equipo gl

Pretempada celeste en Marbella do 11 ao 25 de xullo

RC Celta

 

O equipo adestrado por Eduardo Coudet, recentemente renovado até o ano 2024, realizará unha parte da preparación de cara á ilusionante tempada 2021/22 en Marbella.

Do 11 ao 25 de xullo, o RC Celta concentrarase na Atalaia Football Pitches & Resort, complexo dotado da maior calidade nas súas instalacións para a maior comodidade dos nosos e nos que poderán porse a punto no aspecto táctico e técnico.

Este stage corresponde á segunda parte da preparación estival de cara á nova tempada, tras comezar a traballar o día 5 de xullo nas instalacións da nova Cidade Deportiva Afouteza.

Unha nova pretemporada que seguro estará cargada de traballo, intensidade, bo ambiente e concentración. A por todas!

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo

Noticias recomendadas