ESCUDO-1300x400-02
Novas primeiro equipo

O capitán Hugo Mallo sofre fractura da rótula do seu xeonllo dereito

RC Celta

A forte entrada que sufriu o capitán celeste no segundo tempo do partido deste domingo ante o Betis ten serias consecuencias. O lateral do RC Celta sofre, segundo revela a resonancia realizada polos servizos médicos do club, unha fractura lonxitudinal non desprazada no borde exterior da rótula do seu xeonllo dereito.

En principio realizarase tratamento conservador, que se manterá si non se produce desprazamento. O tempo de baixa do capitán do RC Celta será de entre dous meses e medio e tres meses.

O RC Celta quere trasladarlle a Hugo Mallo unha mensaxe de ánimo e desexarlle unha pronta recuperación.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo

Noticias recomendadas