Primeiro Equipo

O Celta cae en Cornellá cun gol nos últimos instantes

RC Celta

Espanyol-Celta 13-14

O partido, con poucas ocasións, parecía abocado a un empate xusto, pero Sergio García anotou ao final

 

Un gol nos últimos instantes desequilibrou o partido en Barcelona. Un balón longo que aproveitou Sergio García desfixo un empate que era xusto ante a escaseza de oportunidades que houbo no choque.

 

Gran ritmo, ida e volta e lixeiro dominio celeste no primeiro tramo do partido. Aos 13 minutos, internada de Jonny e bo remate que atrapou Casa. O meta despexou despois con apuros un córner directo botado por Orellana. Pasados os primeiros vinte minutos, o Celta tomou as rendas do encontro.

 

Os celestes arrebatáronlle o coiro ao Espanyol e combinaron con paciencia en busca duns ocos que custaba atopar. Houbo máis igualdade nos últimos minutos, pero sen que ningún dos dous equipos atopase a portaría rival.

 

Tras a continuación, o Celta saíu con ímpeto e meteu no seu campo ao Espanyol durante moitos minutos, pero sen acabar de asustar de verdade. Os locais xeraban inquietude exclusivamente a balón parado.

 

Poucas ocasións e igualdade no tramo final. E nun balón estraño, longo que Sergio García aproveita para marcar.

 

FICHA TÉCNICA

 

1-Espanyol: Casilla, Víctor Sánchez, Stuani (Pizzi, min.64), Sergio García, Moreno, Javi López, Fuentes, Colotto, Simao (Raúl Rodríguez, min.91), Abraham e Córdoba (Álex Fernández, min.46)

 

0-R.C.Celta: Yoel, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny, Oubiña, Augusto (Álex López, min.73), Krohn.Dehli, Rafinha, Orellana (Nolito, min.67) e Santi Mina (Mario Bermejo, min.83)

 

Goles: 1-0, min.88: Sergio García

 

Árbitro: Prieto Iglesias, do comité navarro. Amonestou a Augusto e Víctor Sánchez

 

Campo: Cornellá-El Prat

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas