Primeiro Equipo

O Celta cae en Riazor nun partido marcado pola expulsión de Aspas

RC Celta

Deportivo-Celta_3-1.jpg

O dianteiro celeste viu o vermello directo no minuto 28 por un cabezazo a Marchena

 

O partido comezou con dominio do balón por parte dos celestes, pero o primeiro en golpear sería o Deportivo. Apenas transcorreran 8 minutos no electrónico cando Riki controlou un centro de Pizzi e enchufó o balón ao fondo da portería desde dentro da área céltica.

 

Duro mazazo para o Celta. Para máis inri os dous centrais célticos, Túñez e Demidov, viron o cartón amarelo antes do minuto 15. Os vigueses dispuñan dunha boa posesión do esférico, pero sen lograr conectar cos xogadores de ataque. Mentres tanto, o Deportivo roldaba a portería defendida por Javi Varas, aínda que sen pór en serios aprietos ao gardameta andaluz.

 

Mediado o primeiro tempo o conxunto olívico tomou osíxeno e comezou a aproximarse á área deportivista. Bermejo desde fóra da área e Pranjic a balón parado buscaban a portería rival, pero sendo incapaces de enviar o esférico entre o tres paus.

 

O encontro comezaba a nivelarse cando chegou o momento fatídico para o Celta. No minuto 28 Iago Aspas e Marchena caeron na área local e, ao incorporarse, o de moaña propinou un cabezazo ao central deportivista. O árbitro non o dubidou e expulsou con vermella directa ao dianteiro céltico.

 

Os primeiros 45 minutos finalizaron tras unha boa ocasión para Riki, a pase de Valerón, que frustrou un elevado Javi Varas. Pola súa banda, o equipo olívico tentábao a balón parado e con algún disparo desde fóra da área.

 

O segundo tempo arrincou coa sensación de que a inferioridade numérica non resentía o xogo do Celta. As forzas mantíñanse igualadas, pero os coruñeses xeraban maior perigo de maneira puntual. No minuto 55 Riki tivo o 2-0 nas súas botas. Partiu de posición correcta e plantouse só ante Javi Varas, que saíu moi ben para impedir que o dianteiro deportivista puidese definir.

 

Tan só un minuto despois de novo Riki puña a proba ao porteiro celeste. Potente disparo raso desde fóra da área que Javi Varas repeleu coa punta dos dedos.

 

A fortuna aliaríase de novo co Deportivo no minuto 63. Un rexeite da zaga celeste enganchouno de primeiras Silvio, a vinte metros da portería. O xogador portugués sacouse da manga un gran disparo que pasou por encima de Javi Varas e coouse ao fondo da rede. 2-0 que puña as cousas moi costa arriba para os vigueses.

 

O Celta sufriu un serio bajón no seu xogo. Os coruñeses comezaron a sentirse cómodos e buscaban á contra o terceiro tanto que certificase a súa vitoria. Unhas inspirado Varas evitou o gol deportivista en varias ocasións, pero no minuto 78 pouco puido facer ante un contraataque rival que finalizou con Salomao só ante o gardameta celeste. O portugués, recentemente entrado ao terreo de xogo, recortou e marcou a pracer coa portería baleira.

 

Só un minuto despois o Celta acurtou distancias. Centro á área pequena que Park empuxou ao fondo da portería. Este gol e a entrada de Krohn-Dehli espertaron aos de Abel Resino, que combinaban mellor e con maior profundidade.

 

Non houbo tempo para máis e o partido morreu cun contraataque do Deportivo no que Salomao, totalmente só ante Varas, se escoró demasiado e enviou o balón ao lateral da rede.

 

FICHA TÉCNICA

RC Deportivo: Aranzubia, Silvio, Marchena, Aythami, Manuel Pablo, Abel Aguilar, Juan Domínguez, Bruno, Pizzi, Valerón (Bergantiños, 85) e Riki (Salomao, min.76)

 

RC Celta: Varas, Jonny, Túñez, Demidov, Roberto Lago, Oubiña, Pranjic, Augusto (Krohn-Dehli, min.79), De Lucas (Orellana, min.55), Bermejo (Park min.68) e Aspas

 

Goles: Riki, 1-0 (min.8); Silvio, 2-0 (min.63); Salomao, 3-0 (min.78); Park, 3-1 (min.79)

 

Árbitro: Velasco Carballo, do colexio madrileño. Amonestou a Túñez, Demidov, Aythami, Pizzi, Krohn-Dehli. Expulsou con vermello directo a Iago Aspas.

 

Campo: Riazor

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas