Primeiro Equipo

O Celta, con enerxía e paciencia, supera con claridade ao Levante en Balaídos

RC Celta

mina-celta-levante-1415.jpg

Os vigueses volven á senda das vitorias (3-0) con dous goles de Larrivey e un de Álex López

 

O Celta reencontrouse coa vitoria en Balaídos tras superar con claridade, e moito traballo e paciencia, ao Levante do debutante Lucas Alcaraz. Contundente triunfo por tres a cero con dous goles de Larrivey e un ou de Álex López.

 

O partido arrincou cun Celta dominador e ambicioso, que puxo cerco á área do Levante de maneira inmediata. As ocasións comezaron a chegar enseguida, cunha bonita proposta ademais. Aos 7 minutos, gran xogada dun exultante Nolito e remate alto de Pablo Hernández.

 

O Levante defendía con todos atrás e o Celta movía con paciencia á espera da aparición de ocos no sólido armazón defensivo do rival. Os granotas trataban de buscar as súas opcións con balóns longos ou en xogadas de estratexia, pouco frutíferas no tramo inicial.

 

Os espazos non aparecían ante un rival cada vez máis medido atrás e a paciencia converteuse nun argumento obrigatorio. E tivo premio aos 26 minutos. Gran internada de Santi Mina e xenial asistencia de Pablo Hernández cara a Larrivey, quen rematou de primeiras á rede con precisión.

 

O gol, máis que merecido, descompuxo un tanto ao Levante, que non acababa de dar un paso adiante, pero perdera ademais parte da súa orde defensiva. Os celestes mantiveron o seu dominio e seguiron chegando con claridade a zona de perigo, aínda que sen xerar ocasións claras. Si a houbo aos 41 minutos, cun bo pase de Nolito e remate cruzado de Larrivey que Saíu moi preto do pau. E pouco despois cun cabezazo de Cabral á saída dun córner. O descanso chegou con esa mínima vantaxe do conxunto local, dominador absoluto da primeira metade.

 

Tras a continuación, con dous cambios nun Levante necesitado, o Celta mantivo o seu empuxe e comezou pronto a xerar chegadas, pouco perigosas no tramo inicial. O rival mantiña o seu posicionamento e proposta inicial e apenas entraba en contacto co coiro, aínda que tamén evitaba sufrir en exceso atrás.

 

A mínima vantaxe comezou a resultar incómoda co paso dos minutos. O Celta mantiña a posesión e o control, pero o Levante, firme atrás, buscaba as contras para tratar de empatar. O partido estaba demasiado aberto para os méritos dun e outro. E puido ser peor cun zapatazo ao traveseiro de Sergio aos 25 minutos de xogo. Xogada illada, pero dentro do guión do rival.

 

rompeu definitivamente a falta de oito minutos cunha boa xogada, remate da raia de Nolito, rexeite de Mariño e cabezazo á rede de Larrivey. Álex López, cun potente disparo afastado redondeou a vitoria.

 

FICHA TÉCNICA

3-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Pablo Hernández (Álex López, min.77), Krohn-Dehli, Santi Mina (Madinda, min.69), Nolito e Larrivey (Charles, min.82)

 

0-Levante: Diego Mariño, Pedro López, Rodas, Juanfran, Nikos, Diop, Rubén (Xumetra, min.46), Morales (Víctor Casadesús, min.46), Ivanschitz, Simao (Sissoko, min.72) e Barral

 

Goles: 1-0, min.26: Larrivey ; 2-0, min.83: Larrivey; 3-0, min.90: Álex López

 

Árbitro: Teixeira Vitienes, do comité cántabro. Amonestou a Xumetra, Simao, Pedro López

 

Campo: Balaídos. 19.231 espectadores   

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas