Primeiro Equipo

O Celta, espléndido, mostra o seu potencial cun gran empate en Barcelona

RC Celta





O Celta realizou un partido magnífico no Camp Nou, formidable. Un ano despois, un rival puntuou en Barcelona. Foi o Celta, que anotou dous tantos, Iago Aspas e Maxi Gómez, para sumar un empate meritorio nun gran encontro de fútbol, con enorme disputa e un espectacular ida e volta.

Terrible comezo para o Celta. No primeiro minuto, Luís Suárez tiroulle con forza do brazo a Sergi Gómez, quen tivo que ser substituído por unha lesión no ombreiro. Os celestes refixéronse apropiándose do coiro e movéndoo con brillantez. Brais dispuxo pasado o primeiro cuarto de hora dunha boa ocasión tras un pase xenial de Sisto, pero o seu remate acabou rexeitado pola zaga. E aos 20, Aspas anotou tras unha contra espectacular. O canteirán rcogió o rexeite de Ter Stegen tras remate de Maxi e aloxou o coiro na rede.

Dous minutos despois, Messi empatou o choque tras un mal pase que recolleu o arxentino, só ante Rubén. Sufriu o Celta despois, con longas posesione locais e chegadas con perigo. Os vigueses, espléndidos con balón, tamén xeraron ocasións tras veloces  combinacións ao primeiro toque. Gran primeira metade dos célticos.

Tras o descanso, igualdade e disputa. Aos 62 minutos, gran xogada do Barcelona que culminou Luís Suárez. Xogada illada que desatou ao cadro local, que encadeou varias ocasións ante un Celta que acusou durante uns minutos o golpe.

A reacción foi espléndida. Xenial contragolpe, gran xogada de Iago Aspas, pase atrás e gol de nove de Maxi Gómez. O tramo final foi intenso e cun ida e volta constante e un Celta magnífico que dispuxo de boas oportunidades. Empate de gran mérito dun Celta fantástico.

FICHA TÉCNICA

2-FC Barcelona: Ter Stegen, Sergi Roberto, Piqué, Umtiti (Vermaelen, min.72), Jordi Alba, Busquets, Rakitic (Alcácer, min.79), Paulinho, Iniesta (Denis Suárez, 53), Messi e Luis Suárez.

2-RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Fontás, Sergi Gómez (Cabral, min.4), Brais Méndez (Roncaglia, min.63, Lobotka, Jozabed (Pablo Hernández, min.84), Wass, Sisto, Iago Aspas e Maxi Gómez.

Goles: 0-1, min.20: Iago Aspas; 1-1, min.22: Messi; 2-1, min,62: Luis Suárez; 2-2, min.70: Maxi Gómez.

Árbitro: Melero López, do comité andaluz. Amonestou a Luis Suárez, Vermaelen, Roncaglia. Jozabed, Rubén, Wass, Sisto, Hugo Mallo.

Campo: Camp Nou.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas