Primeiro Equipo

O Celta segue sen gañar en Balaídos

RC Celta

CEL-RAY_13-14.jpg

Caeu ante un Rayo Vallecano moito máis efectivo que os celestes (0-2)

 

O Celta non puido superar o seu mal fario en Balaídos e caeu ante o Rayo nun partido no que os visitantes aproveitaron os seus achegamentos e os celestes non atinaron arriba. Os vigueses desperdiciaron varias ocasións e seguen sen lograr unha vitoria en casa.

 

Aos dous minutos, gran arrancada de Álex López, pase interior a Santi Mina e remate final de Nolito que saca un defensa cando xa entraba na portaría. Gran ocasión na primeira chegada celeste. O partido tiña un gran ritmo, con presión adiantada de ambos os equipos e unha constante ida e volta.

 

A firmeza na presión, inmensa, dificultou a circulación do coiro e a fabricación de oportunidades. Aos 23 minutos, pase en profundidade a Viera, en posición dubidosa, e remate á rede. O partido estaba nunha fase de xogo pausado cando chegou a poutada do rival.

 

O Celta, con dificultade, tentouno antes do descanso, con moitas chegadas pola banda dereita e un puñado de bos balóns á área ben defendidos pola zaga do Rayo, incómodo rival.

 

Tras o descanso, o Celta retomou os seus intentos de neutralizar o tanto rayista, con fe e decisión. Charles e Rafinha non acertaron a cabecear un bo centro de Nolito aos 12 minutos. Rafinha a punto estivo de marcar pouco despois cun lanzamento cruzado que rozou o pau e con outro disparo que atrapou o porteiro.

 

E aos 27 minutos, centro desde a dereita e cabezazo á rede de Larrivey. Mazazo. O Rayo apenas chegara na segunda metade e acertou no seu primeiro achegamento. Krohn-Dehli non acertou nun remate franco. Non era o día.

 

FICHA TÉCNICA

 

0-R.C.Celta: Yoel  Hugo Mallo, Costas (Jonny, min.73), Fontás, Toni, Oubiña (Krohn-Dehli, min.67), Augusto, Álex López, Santi Mina (Rafinha, min.56), Nolito e Charles

 

2-R.Vallecano: Rubén, Tito, Gálvez, Saúl Ñíguez, Nacho, Trashorras, Viera, Lass (Mojica, min.75), Arbilla, Falqué (Embarba, min.68) e Bueno (Larrivey, min.55)

 

Goles: 0-1, min.23: Viera; 0.2, min.72: Larrivey

 

Árbitro: Teixeira Vitienes, do comité cántabro. Amonestou a Nolito, Oubiña, Krohn-Dehli, Gálvez, Falqué

 

Campo: Balaídos, 20.696 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas