As probas realizadas polos servizos médicos do RC Celta a Carl Starfelt desvelan a existencia dunha rotura muscular do semimembranoso da coxa dereita. Unha lesión ocasionada durante o último partido do ano fronte ao Vilarreal CF que manterá ao central celeste inactivo ao redor de 3 ou 4 semanas.
Pola súa banda, Ristic, tamén lesionado na Cerámica, sofre unha elongación do bíceps femoral dereito; valorarase segundo evolución.
Ambas as baixas súmanse á de longa duración do defensa ghanés: Aidoo, en rehabilitación por rotura do tendón de Aquiles esquerdo.