Boas noticias no parte médico do RC Celta. O lateral esquerdo David Juncà recibiu esta tarde a alta, polo que estará xa dispoñible para o partido do domingo ante o Huesca. O defensor celeste sufriu durante o pasado mes de novembro nun adestramento unha luxación recidivante do ombreiro dereito, dolencia que por fin superou por completo e xa está a disposición do técnico Eduardo Coudet.