ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

O RC Celta atopa o gol en Getafe (0-3)

RC Celta

O RC Celta se desquitó en Getafe da súa pouca fortuna goleadora das últimas xornadas. Santi Mina por partida dobre e Iago Aspas sentenciaron no segundo tempo un partido no que os vigueses foron superiores. Brais Méndez asinou dúas asistencias e Galhardo unha, de fermosa factura.

Boas sensacións e mellor resultado nun momento no que os de Coudet necesitaban unha vitoria que referendase o bo traballo que o equipo vén realizando. O RC Celta reencontrarase coa súa afección o vindeiro xoves en Abanca Balaídos para recibir ao actual líder de Primeira División, a Real Sociedad.

FICHA TÉCNICA

0 – GETAFE CF: Soria, Djene, Florentino, Aleñá, Sandro, Cuenca, Olivera, Arambarri, Maksimovic, Damián, Timor.

3 – RC CELTA: Dituro, Hugo Mallo, Aidoo (Araújo, min.66), Murillo, Galán, Beltrán, Brais Méndez, Denis Suárez (Hugo Álvarez, min.80), Nolito (Cervi, min.71), Santi Mina (Okay, min.80), Iago Aspas (Galhardo, min.71).

Goles: Santi Mina (0-1, min.55), Iago Aspas (0-2, min.58), Santi Mina (0-3, min.73).

Árbitro: Martínez Munuera, do comité valenciano. Amonestou a Aidoo, Murillo (RC Celta) e Damián Suárez (Getafe). Expulsou a Djené.

Campo: Coliseum Alfonso Pérez.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas