O RC Celta perdeu ante o Real Madrid (2-0) no que é a primeira derrota do conxunto de Eduardo Coudet en mes e medio. Os vigueses plantaron cara pero sucumbiron ante a pegada do club madrileño.
A primeira metade comezou cunha gran ocasión de Iago Aspas que sacou a defensa branca case baixo paus. Na seguinte xogada, Lucas Vázquez adiantou aos locais cun cabezazo na área pequena. O resto do primeiro tempo foi de claro dominio celeste e cun Real Madrid defendendo no seu propio campo.
O segundo tempo non puido empezar peor. Iago Aspas tívose que retirar lesionado tras unha entrada a destempo e sen opcións de xogar o balón de Nacho e acto seguido chegou o segundo tanto dos locais por medio de Asensio. No tramo final, o RC Celta tentou anotar un gol que lle metese no encontro pero non tivo fortuna nos metros finais.
FICHA TÉCNICA
2 – R. MADRID: Courtois; Carvajal (Vinicius, min 83), Varane, Nacho, Mendy; Kroos (Odegaard, min 83), Casemiro, Modric (Valverde, min 83); Lucas Vázquez, Benzema (Mariano, min 88), Asensio (Hazard, min 73)
0 – RC CELTA: Rubén Blanco; Hugo Mallo, Araujo, Murillo, Olaza; Tapia; Denis Suárez, Brais Méndez; Nolito (Baeza, min 63), Santi Mina, Iago Aspas (Beltrán, min 51)
Goles: 1-0 Lucas, min 5; 2-0 Asensio, min 52;
Árbitro: De Burgos Bengoetxea (País Vasco). Amoestou a Asensio, Nacho, Carvajal, Casemiro (R. Madrid) e a Brais, Tapia (RC Celta)