ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

O RC Celta cae en dezaseisavos da Copa do Rei (2-1)

RC Celta

O RC Celta despediuse da Copa do Rei na rolda de dezaseisavos de final. Os de Coudet víronse sorprendidos por un bo Atlético Baleares que soubo desactivar ao cadro vigués e adiantarse no marcador no primeiro cuarto de hora de xogo. Os locais resistiron até despois do descanso, cando o técnico do RC Celta deu entrada a recambios que pareceron dar outro aire ao equipo celeste.

No minuto 66, Brais Méndez puxo a igualada a pase de Santi Mina, un gol que parecía impulsar ao cadro céltico para lograr a remontada. Non foi así. Apenas dez minutos despois o Atlético Baleares recuperaba a súa vantaxe no marcador, de novo por medio do atacante Manel, e puña o definitivo 2-1 no electrónico.

 

FICHA TÉCNICA

2 – AT. BALEARES: Ginard, Ferrone, Delgado, Orfila, Cordero, Petcoff, Armando (José Fran, min.70), Canario, Ignasi, Dioni (Vini, min.70), Manel.

1 – RC CELTA: Dituro, Hugo Mallo, Murillo, Carlos Domínguez, Fontán (Galán, min.46), Tapia (Beltrán, min.46), Gabri Veiga (Brais Méndez, min.46), Denis Suárez, Cervi, Nolito (Iago Aspas, min.76), Galhardo (Santi Mina, min.46).

Goles: Manel (1-0, min.16), Brais Méndez (1-1, min.66), Manel (2-1, min.75).

Árbitro: Melero López, do comité andaluz. Amonestou a Vinicius Tanque (At.Baleares).

Campo: Estadio Balear.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas