Primeiro Equipo

O RC Celta cae no último minuto (0-1)

RC Celta

O RC Celta caeu este sábado ante o Vilarreal (0-1) no regreso do fútbol a ABANCA Balaídos. Os de Óscar García encaixaron o único gol do encontro no tramo final e fóronse sen puntos tras o asubío final.

A primeira metade foi de dominio do Vilarreal, que gozou de varias ocasións que desbaratou Rubén Blanco con varias paradas de moito mérito. Os xogadores celestes tentaron contragolpear sen fortuna de cara á portaría de Asenjo.

No segundo tempo a cara do RC Celta foi outra e foron varias as chegadas á portaría rival. Unha perda nos últimos minutos provocou o gol visitante que decantou o partido.

FICHA TÉCNICA

0 – RC Celta: Rubén Blanco, Hugo Mallo (Denis, min 84), Murillo, Araujo, Olaza, Pape (Okay, min 46), Bradaric, Rafinha (Sisto, min 59), Juan (Aidoo, min 46), Aspas y Mina (Smolov, min 80).

1 – Villarreal: Asenjo, Mario Gaspar, Albiol, Pau, Moreno, Anguissa, Iborra (Trigueros, min 67), Cazorla (Samu, min 58), Moi Gómez (Morlanes, min 81), Gerard (Bacca, min 58), Alcácer (Ontiveros, min 81).

Goles:

Árbitro: Pizarro Gómez (Castela e a Mancha). Amoestou a Pape (RC Celta) e a Iborra (Villarreal)

Campo: Abanca Balaídos

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas