Primeiro Equipo

O RC Celta dá continuidade ao seu crecemento deportivo coa renovación de Óscar García

RC Celta

O ilusionante proxecto deportivo do RC Celta seguirá liderado desde o banco por Óscar García, que hoxe mesmo asinou a súa renovación coa entidade celeste por dúas campañas máis. Xunto a el seguirá o resto do corpo técnico que estivo ao seu lado nos últimos meses: Roger García e Rubén Martínez.

Óscar García colleu as rendas do RC Celta en novembro do ano pasado e desde entón o crecemento do equipo foi notable. Grazas á súa filosofía e traballo, a defensa celeste converteuse na máis sólida de toda a competición, algo que non lle fixo renunciar ao seu estilo ofensivo. Para o recordo a vitoria de hai uns días ante o Deportivo Alavés por seis goles a cero, a maior goleada de LaLiga esta tempada.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas