ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

O RC Celta golea ao Sanluqueño no seu primeiro partido de pretempada

RC Celta

O primeiro partido da pretempada do RC Celta concluíu con cómoda vitoria, boas sensacións e excelente imaxe. O conxunto celeste derrotou por tres goles a cero ao Atlético Sanluqueño no peche do stage de Marbella con tantos de Santi Mina, Brais Méndez e Iago Aspas.

O equipo de Chacho Coudet impuxo a súa calidade desde o principio, dominou por completo o partido e mostrou un rendemento ilusionante. Os celestes repetiron a intensidade e a entrega que lles caracterizou durante a segunda fase da anterior tempada, que aderezaron en moitos momentos do choque con xogadas de elevada calidade.

O Atlético Sanluqueño ofreceu tamén un bo rendemento e xustificou coa súa actitude e intencións a súa recente vitoria ante o Cádiz no seu anterior partido de preparación.

Test, xa que logo, moi satisfactorio nun partido no que debutaron Matías Dituro e Franco Cervi, no que reapareceu Rubén Branco e no que os célticos luciron a primeira equipación da campaña 2021/2022.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas