O RC Celta perdeu este domingo ante o Levante (3-1) nun encontro marcado pola polémica. Un segundo gol que non debeu subir ao marcado permitiu aos valencianos remontar o gol inicial de Iago Aspas.
Saíu moi ben ao partido o conxunto celeste. Súa foi a posesión de balón no tramo inicial e súas foron as principais ocasións de gol. O primeiro tanto do encontro, obra de Iago Aspas, chegou no minuto 12 tras culminar unha xogada ensaiada. Co paso dos minutos o xogo igualouse e o Levante deu un paso á fronte.
Na segunda metade o conxunto local remontou o encontro grazas a dous goles de Roger. O segundo deles tras un saque de banda a favor do RC Celta que o árbitro entregou ao Levante nunha decisión que non consultou co VAR. No engadido marcou Mayoral
FICHA TÉCNICA
3 – Levante: Aitor; Miramón, Postigo, Cabaco, Toño; Rochina (Mayoral, min 57), Campaña, Radoja, Bardhi; Roger (Vukcevic, min 76),, Morales (Coke, min 88)
1 – RC Celta: Rubén Blanco; Aidoo (Sisto, min 72), Araujo, Costas, Hugo Mallo; Rafinha (Beltrán, min 72), Yokuslu, Lobotka, Olaza; Santi Mina (G. Fernández, min 80), Iago Aspas.
Goles: 0-1 Iago Aspas, min 12; 1-1 Roger, min 60; 2-1 Roger, min 70; 3-1 Mayoral, min 92;
Árbitro: Prieto Iglesias, do comité navarro. Amoestou a Roger, Bardhi (Levante) e a Okay, Santi Mina, Aidoo, Iago Aspas, Araujo, Brais (RC Celta)
Campo: Ciutat de Valencia