iago-aspas-marcelo-celta-vigo-real-madrid-abanca-balaidos-liga-2019-2020.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta non saca rédito do seu ataque explosivo ante o Real Madrid (1-3)

RC Celta

O RC Celta caeu este sábado ante o Real Madrid (1-3) na primeira xornada de LaLiga. Os de Fran Escribá dispuxeron de varias ocasións claras de gol durante os 90 minutos pero pagaron a efectividade do conxunto branco.

A primeira metade estivo marcada pola igualdade. O Real Madrid adiantouse no marcador tras unha posible falta de Casemiro sobre Gabriel Fernández. O equipo celeste sacou coraxe e puido empatar antes do descanso pero o VAR anulou o gol de Brais Méndez por fóra de xogo previo de Iago Aspas.

No segundo tempo o conxunto vigués puido igualar nos primeiros compases pero foi Kroos o que puxo o 0-2 no marcador. Lucas Vázquez e Iker Losada, que debutaba co RC Celta en Primeira División, puxeron o 1-3 definitivo.

FICHA TÉCNICA

1-RC Celta: Rubén, Kevin, Costas, Araujo, Olaza, Beltrán (Cheikh, min.83), Lobotka (Sisto, min.75), Brais Méndez, Denis Suárez, Iago Aspas, Toro Fernández (Iker Losada, min.88).

3-Real Madrid: Courtois, Ramos, Varane, Kroos, Benzema (Jovic, min.81), Modric, Bale (Isco, min.75), Marcelo, Casemiro, Odriozola, Vinicius (Lucas Vázquez, min.69).

Goles: Benzema (0-1, min.12), Kroos (0-2, min.61), Lucas Vázquez (0-3, min.80), Iker Losada (1-3, min.91).

Árbitro: Estrada Fernández. Amonestou a Kevin, Aspas, Rubén, Toro Fernández, Costas (RC Celta); Vinicius e Odriozola (Real Madrid). Expulsó con vermella directa a Modric (min.56) por unha entrada por detrás a Denis Suárez.

Campo: Abanca Balaídos (23.566 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas